Oryx e Crake
Oryx e Crake | |
---|---|
Título orixinal | Oryx and Crake |
Autor/a | Margaret Atwood |
Orixe | Canadá |
Lingua | Inglés |
Colección | Nova |
Xénero(s) | ciencia ficción, ficción distópica, ficción especulativa e ficción postapocalíptica |
Editorial | McClelland & Stewart Rinoceronte[1] |
Data de pub. | 2003 2018 |
Páxinas | 432 |
ISBN | ISBN 978-84-17388-00-3 |
Seguido por | The Year of the Flood |
Tradución | Estela Villar Nogueira |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Oryx e Crake (en inglés: Oryx and Crake) é unha novela da escritora canadense Margaret Atwood. No canto de describila coma unha novela de ciencia ficción, a autora defínea como ficción especulativa e romance de aventuras.[2] É a primeira parte da triloxía MaddAddam, á que lle seguen The Year of the Flood (2009) e MaddAddam (2013).
O libro foi orixinalmente publicado pola editorial McClelland and Stewart en 2003, e en 2018 foi traducido ao galego por Estela Villar Nogueira e publicado pola editorial Rinoceronte.[3].
Argumento
[editar | editar a fonte]Jimmy, coñecido como "Home das Neves", loita pola súa vida nun mundo postapocalíptico dominado por animais xeneticamente modificados e onde parece que é o último ser humano supervivente a unha terrible praga. Alternando cos capítulos que acontecen neste mundo desacougante, preséntase a infancia, a adolescencia e o comezo da vida adulta de Jimmy xunto cos outros dous personaxes principais: Crake, o seu mellor amigo, e Oryx, a quen os dous amaban. O protagonista comeza unha viaxe que o levará a descubrir os acontecementos que desencadearon a destrución da humanidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ rinoceronte.gal (ed.). "Oryx e Crake". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2019.
- ↑ Atwood, 2004: 513.
- ↑ culturagalega.gal (ed.). "Oryx e Crake". Consultado o 27 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adami, Valentina. "Bioethics through Literature: Margaret Atwood's Cautionary Tales". WVR, 2011.
- Atwood, Margaret. Oryx and Crake. McClelland and Stewart, 2003.
- Atwood, Margaret. "The Handmaid's Tale and Oryx and Crake in Context". PMLA 119, 2004.